Dende a Fundación queremos promover os proxectos de innovación que se levan a cabo nas nosas escolas. Por este motivo, convocamos o I Concurso de Boas Prácticas Educativas asociadas ás TIC. Un concurso no que poden participar profesores dos nosos centros para presentar experiencias educativas asociadas ás TIC levadas a cabo durante os dous últimos anos (2019/2020 e 2020/2021).

Os traballos presentados amosarán prácticas nas que as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) conseguiron no noso día a día responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e desenvolver o pensamento creativo e autónomo dos nosos alumnos, estimulando o valor pedagóxico do esforzo persoal facer un traballo ben feito.

Un comité de expertos anunciará publicamente o 19 de abril a selección das "Boas prácticas" que participarán no concurso.

Traballar desde a unidade do noso proxecto educativo implica un compromiso de mellora continua por parte de todos. Compartir estas experiencias educativas non só nos enriquece no noso traballo docente, senón que tamén fortalece os nosos lazos carismáticos. Ademais, estes traballos poden ser útiles para outros profesores e converterse nun referente no campo da educación.